Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
Preámbulo
A liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade
intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de tódolos membros da familia humana;
O descoñecemento e o menosprezo dos dereitos da persoa orixinaron actos de barbarie
aldraxantes para a conciencia da humanidade; proclamouse, como a aspiración máis elevada
da persoa, o advento dun mundo no que os seres humanos, liberados do temor e da miseria,
disfruten da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas;
Esencial que os dereitos da persoa sexan protexidos por un ríxime de dereito, co fin
de que a persoa non se vexa compelida ó supremo recurso da rebelión contra a tiranía e
a opresión;
Tamén esencial promover o desenvolvemento de relacións amigables entre as nacións;
Os pobos das Nacións Unidas reafirmaron na Carta a súa fe nos dereitos fundamentais
da persoa, na dignidade e o valor do ser humano e na igualdade de dereitos de homes e
mulleres; declaráronse resoltos a promover o progreso social e a elevar o nivel de vida
dentro dun concepto máis amplo de liberdade;
Os estados membros comprometíronse a asegurar, en cooperación coa Organización das
Nacións Unidas, o respecto universal e efectivo ós dereitos e liberdades fundamentais da
persoa; e
Unha concepción común destes dereitos e liberdades ó da maior importancia para o
pleno cumprimento de dito compromiso;
A Asemblea Xeral proclama a presente Declaración Universal dos Dereitos da Persoa como
ideal común polo que tódolos pobos e nacións se deben esforzar, para que tanto os
individuos coma as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan, mediante o
ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas
progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación
universais e efectivos, tanto entre os pobos dos estados membros coma entre os dos
territorios colocados baixo a súa xurisdicción.
Artigo 1ª.
Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como
están de razón e conciencia, díbense comportar fraternalmente uns cos outros.
Artigo 2ª.
Toda persoa ten os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen
distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de
calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou
calquera outra condición. Ademais, non se fará ningunha distinción baseado na
condición política, xurídica ou internacional do país ou territoiro da xurisdicción
do cal dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente coma dun territorio
baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación
de soberanía.
Artigo 3ª.
Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.
Artigo 4ª.
Ninguín estará sometido á escravitude nin a servidume; a escravitude e a trata de
escravos está prohibida en tódalas súas maneiras.
Artigo 5ª.
Ninguín será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos e
aldraxantes.
Artigo 6ª.
Todo ser humano ten dereito, en tódalas partes, ó reconecemento da súa persoalidade.
Artigo 7ª.
Todos son iguais perante a lei e teñen, sen distincin, dereito á igual protección da
lei. Todos teñen dereito á igual protección contra todo acto discriminatorio que
infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal acto.
Artigo 8ª.
Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo, perante os tribunais nacionais
competentes, que a ampare contra os actos que violen os seus dereitos fundamentais
recoñecidos pola constitución ou pola lei.
Artigo 9ª.
Ninguín poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.
Artigo 10ª.
Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída publicamente e
con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para determinar os seus dereitos e
obrigas ou para o exame de calquera acusación contra ela en materia penal.
Artigo 11ª.
- Toda persoa acusada de delicto ten o dereito a que se presuma a súa inocencia mentres
non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no que se lle
asegurasen tódalas garantías precisas para a súa defensa.
- Ninguín será condenado por actos ou omisións que no momento de se cometer non fosen
delictivos segundo o dereito nacional ou internacional. Tampouco se imporá pena máis
grave que a aplicable no momento de cometer o delicto.
Artigo 12ª.
Ninguín será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, a súa familia,
o seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou á súa
reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra estas inxerencias ou
ataques.
Artigo 13ª.
- Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio
dun estado.
- Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a voltar ó seu
país.
Artigo 14ª.
- En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a disfrutar del, en
calquera país.
- Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada
por delictos comúns ou por actos opostos ós propósitos e principios das Nacións
Unidas.
Artigo 15ª.
- Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade.
- Ninguín será privado arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de
nacionalidade.
Artigo 16ª.
- Os homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito, sen ningunha
restricción por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casar e fundar unha
familia; disfrutarán de iguais dereitos en canto ó matrimonio, durante o matrimonio e no
caso de disolución do matrimonio.
- Só mediante libre e pleno consentimento dos futuros cónxuxes se poderá contraer o
matrimonio.
- A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección
da sociedade e do estado.
Artigo 17ª.
- Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente.
- Ninguín será privado arbitrariamente da súa propiedade.
Artigo 18ª.
Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este
dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de
manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual e colectivamente, tanto en
público coma en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observancia.
Artigo 19ª.
Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito
inclúe o de non ser molestado por mor das súas opinións, o de investigar e recibir
informacións e opinións e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera
medio de expresión.
Artigo 20ª.
- Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación pacíficas.
- Ninguín poderá ser obrigado a pertencer a unha asociación.
Artigo 21ª.
- Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio
de representantes libremente escollidos.
- Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas
do seu país.
- A vontade do pobo ó a base da autoridade do poder público; esta vontade expresarase
mediante eleccións auténticas que se haberán de celebrar periodicamente, por sufraxio
universal e igual e por voto secreto ou outro procedemento equivalente que garanta a
liberdade de voto.
Artigo 22ª.
Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social e a obter,
mediante o esforzo nacional e a cooperación internacional, habida conta da organización
e os recursos de cada estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e
culturais indispensables á súa dignidade e ó libre desenvolvemento da súa
personalidade.
Artigo 23.
- Toda persoa ten dereito ó traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións
equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego.
- Toda persoa ten dereito, sen ningunha discrminación, a igual salario por igual
traballo.
- Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria,
que lle asegure, así como á súa familia, unha existencia conforme á dignidade humana e
que será completada, en caso necesario, por calquera outro medio de protección social.
- Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus
intereses.
Artigo 24ª.
Toda persoa ten dereito ó descanso, ó gozo do tempo libre, a unha limitación
razoable da duración do traballo e a vacacións periódicas pagadas.
Artigo 25ª.
- Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa
familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a
asistencia médica e os servicios sociais precisos; ten tamén dereito ós seguros en caso
de desemprego, enfermidade, invalidez, viúvez e vellez ou outros casos de perda dos seus
medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade.
- A maternidade e a infancia teñen dereito a coidados e asistencia especiais. Tódolos
nenos e nenas, nacidos de matrimonio ou fóra do matrimonio, teñen dereito á mesma
protección social.
Artigo 26ª.
- Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser de balde, polo menos no que
atinxe á instrucción elemental e fundamental. A instrucción elemental será
obrigatoria. A instrucción técnica e profesional haberá de ser xeneralizada; o acceso
ós estudios superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos.
- A educación terá como obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o
fortalecemento do respecto ós dereitos da persoa e ás liberdades fundamentais;
favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre as nacións e tódolos grupos
étnicos ou relixiosos; promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas
para o mantemento da paz.
- Os pais teñen dereito preferente a escoller o tipo de educación que se haberá de dar
ós seus fillos.
Artigo 27ª.
- Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar
das artes e a participar no progreso científico e nos beneficios que del resulten.
- Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais que lle
correspondan por razóns das produccións científicas, literarias ou artísticas das que
sexa autor.
Artigo 28ª.
Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional na que os
dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración se fagan plenamente efectivos.
Artigo 29ª.
- Toda persoa ten deberes respecto á comunidade, xa que só nela pode desenvolver libre e
plenamente a súa personalidade.
- No exercicio dos seus dereitos e no disfrute das súas liberdades, toda persoa estará
soamente suxeita ás limitacións establecidas pola lei co único fin de asegurar o
recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as
xustas esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade
democrática.
- Estes dereitos e liberdades non poderán ser, en ningún caso, exercidos en oposición
ós propósitos e principios das Nacións Unidas.
Artigo 30ª.
Nada na presente Declaración poderá ser interpretado no sentido de que confire algún
dereito ó estado, a un grupo ou a unha persoa, para emprender e desenvolver actividades
ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos dereitos e liberdades
proclamadas nesta Declaración.